viernes, 11 de mayo de 2018

Os afloramentos e a riqueza pesqueira


A miticultura é só un exemplo da elevada productividade das Rías Baixas, consideradas como un dos ecosistemas mariños de maior diversidade biolóxica de todo o planeta.
A que se debe tan extraordinaria riqueza? Principalmente á actuación dun fenómeno oceanográfico denominado afloramento. Soe manifestarse entre os meses de maio e setembro, cando por influencia de altas presións predominan os ventos de compoñente norte, que desprazan as augas superficiais cara mar adentro. Estas augas someiras e mornas (cun aporte de auga doce procedentes dos ríos) sustitúense por outras máis profundas e frías cunha gran cantidade de nutrientes que ascenden desde o océano e penetran e inundan as rías. De aí, por exemplo, que en verán a agua das praias se aprecie a baixas temperaturas.

A principal diferenza entre o afloramento nas rías e o que ten lugar noutras zonas costeiras é que a ría permite a entrada de augas afloradas nunha zona protexida na que se pode aproveitar máis os nutrientes. Aparte do afloramento, a singular estrutura física das rías supón un valor engadido para que as súas augas constitúan enclaves idóneos para o cultivo de marisco e outras especies pesqueiras.

Se non se producise este fenómeno, as rías estarían máis estancadas, sen renovación de auga. As mareas moven a columna de auga, pero só de forma horizontal, non vertical. A luz solar tamén xoga un papel destacable no afloramento. A importancia deste fenómeno radica nas características desas augas profundas que emerxen á superficie. Ademáis de ser máis frías, son moito máis ricas en nutrientes, o que permite un gran desenvolvemento do fitoplancton ao dispoñer á vez de luz solar.
De feito, a produción destas algas microscópicas en época de afloramento nas Rías Baixas é tres veces superior á de augas oceánicas en latitudes similares. Esta elevada productividade débese á abundancia de nitratos. Esta auga que ascende fría e rica en nutrientes, fertiliza á plataforma e rías galegas, o que permite unha elevada producción de mexillón cultivado en batea, ou que se den tamén as ameixas ou berberechos así como os crustáceos, por exemplo a centola ou a nécora.
A teoría do afloramento é tan sinxela como concluínte: coa presenza de vento do norte, máis correntes, máis fitoplancton e máis engorde do marisco e do peixe, que se alimentan dos microorganismos.



viernes, 26 de enero de 2018

Os pregos xeolóxicos

Os pregos e fallas son deformacións que se producen por forzas tectónicas compresivas. Os pregos son deformacións dúctiles, prodúcense nas rochas e no terreo sen chegar a rompelo. As fallas  son fracturas do terreo (deformación fráxil), mediante a cal o terreo se desliza (plano de falla).
O Prego do Courel, o de Campodola-Leixazós, é un gran prego sinclinal deitado cara o norte, con flancos duns 10-12 km. Continúase cara arriba polo Anticlinal do Piornal, nesta zona casi enteiramente arrasado pola erosión. Foi declarado punto de interés xeolóxico internacional en 1983. En maio de 2011 a Xunta de Galicia declarouno monumento natural. A área protexida con esta denominación abarca unhas noventa hectáreas de extensión na marxe do río Ferreiriños,aínda que o prego tamén se observa na marxe dereita do val, pola que discorre a estrada de Quiroga a Folgoso do Courel, e onde se sitúa o mirador xeolóxico construido en 2004.

O prego formouse no período Carbonífero, fai entre 324 e 305 millóns de anos. Este proceso desenvolveuse durante a primeira fase de deformación da oroxenia hercínica asociado á colisión entre dúas antigas masas continentais, Gondwana e Laurrusia, que acabarían uníndose para formar o supercontinente Panxea.
O carácter recumbente do prego incrementouse durante a terceira fase da misma. Este prego simboliza a liña de unión entre as dúas partes que constitúen a Galicia actual.
Uns alumnos de segundo de bacharelato levaron a cabo un experimento para reproducir a formación dun prego usando estratos con sal tinguida. Estes son os resultados:

martes, 23 de mayo de 2017

Sobre la homeopatía

La homeopatía es una de las pseudociencias (disciplinas que se presentan como científicas pero que no siguen el método científico) que goza de mayor credibilidad entre la población general, aunque su fundamento no tiene base racional alguna. Se basa en el concepto de que pequeñas dosis de sustancias nocivas son en realidad curativas, de tal manera que los preparados homeopáticos se fabrican diluyendo el principio activo (lo que se supone que cura) en enormes cantidades de agua. Son tales esas cantidades de agua que matemáticamente se demuestra que es imposible que ese medicamento contenga ni una sola molécula de ese principio activo. Se ha demostrado que la homeopatía no tiene una efectividad superior a la del efecto placebo.

viernes, 12 de mayo de 2017

Historias de mulleres en defensa do medio ambiente



Os alumnos de 4º da ESO de cultura científica  mergullámonos en diferentes historias de mulleres que están a defender o medio ambente dende diferentes ángulos e estamentos. Investigamos un pouco sobre o seu traballo, un traballo silencioso e tenaz e que pensamos que todos deberíades de coñecer algunha desas historias, polo que vos invitamos a entrar nos diferentes enlaces que vos propoñemos e a ler algo sobre elas:

 Sonia Castañeda colaborou moito tempo en ONG, na actualidade é directora dende 2012 da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambente. Ésta actúa como entidade doadora (colaborando con máis de 250 proxectos ao ano para a defensa do medio ambente) e como axencia implementadora de proxectos. Ademáis coopera con América Latina e África.
Aquí deixamos unha entrevista que lle fixeron a Sonia en 2016: https://www.youtube.com/watch?v=Xpu4ST_IYwM
As Youtubers Yellow Mellow e María Cadepe, adentraronse a unha expedición ao Ártico co barco de Greenpeace (Arctic Sunrise), cunha campaña para protexer un 10% da súa superficie e grabando a viaxe para que a xente observara o transcurso da viaxe que se pode ver nos seus respectivos canais.
Nos seus canais fixeron un video ondese contan os motivos da viaxe:
Asunción Ruiz é directora ejecutiva da Sociedade Española de Ornitología (SEO/BirLilfe), unha entidade con máis de 60 anos de vida que estuda e coñece os problemas ambientais de España, e que desarrolla proyectos para solucionalos. Traballou en empresas de consultoría ambiental, o que lle permitiu evaluar grandes problemas ambientales menos coñecidos (amianto, augas subterráneas, contaminación radiactiva...) antes de recalar na gran organización conservacionista española, onde fixo os traballos da base e os inventarios que  serviron para definir a protección das aves mariñas
"Non hai grandes enemigos do medio ambiente, senón descoñecemento e pouca valentía para defender o ben común. Todo isto é o que me fai estar aínda ilusionada. Tamén motivame saber que as ONG son as entidades que teñen maior recoñecemento social”.
Vandana Shiva é una filósofa e escritora india. Activista a favor do ecofeminismo e da agricultura ecolóxica, defensora das sementes tradicionais e contraria ós cultivos transxénicos.  Recibiu o Premio Nobel Alternativo en 1993. Dra. Shiva loitou para cambiar as prácticas e paradigmas da agricultura e da comida. Entre as áreas nas que Shiva contribuiu intelectualmente e através de campañas activistas, encontranse os dereitos de propiedade intelectual, biodiversidade e bioética. Axudou a organización de loita social do Movemento Verde en África, Asia, Latinoamérica, Irlanda, Suiza e Austria cas súas campañas en contra da enxeñería xenética. Respeto ó dereito da propiedade intelectual e a biodiversidade, a Dra. Co seu equipo Research Foundation for Science, Technology and Ecology, exitosamente loitaron en contra da biopiratería do Nim (Azadirachta indica), do arroz Basmati, e do trigo.
A revista Time identificou a Shiva como unha “heroína” ambiental en 2003, e Asia Week nombrouna como unha dos cinco comunicadores máis poderosos de Asia. A Universidad Loyola Marymount invitouna  en numerosas ocasións a falar sobre ecofeminismo, onde sempre atrae a grandes multitudes de estudantes interesados no tema.