
Este ano imos facer unha actividade de debate no instituto. Pra iso leremos o libro
Flores para Algernon, de Daniel Keyes, que nos servirá de base para formular a pregunta "É lícito modificar as características humanas mediante o uso da tecnoloxía?" Despois de ler o libro faremos un equipo, entre os alumnos que queiran participar, de tres persoas que se enfrontarán a outro equipo do IES Leliadoura, que tamén vai preparar o mesmo debate. Se che interesa a actividade, preséntate o día 29 de novembro (martes) ás 11:30 no laboratorio de física (fronte á sala de profesores). Alí falaremos de como imos organizarnos.
¡Anímate e participa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario