Mércores 9 de novembro de 2016,
os alumnos de 4º da ESO de Cultura científica realizamos unha interesante
entrevista por Skype á Dra. Elvira Díaz Vizcaíno profesora de Bioloxía vexetal
da Universidade de Lugo, na que nos contou un pouco sobre os seus inicios
no mundo científico, a súa profesión e os seus planes e desexos futuros.
P: ¿Sempre quixo adicarse á ciencia?
EDV: “Non,
de feito non sentía gran interés pola ciencia ata que sobre os 15 anos tiven un
profesor de ciencias que me explicaba a bioloxía con tanto entusiasmo que fixo
que me empezara a gustar a ciencia”.
P: ¿Onde atopa a motivación para seguir
trallando neste campo tan difícil día a día?
EDV: (sorrí) “A verdade é que o traballo de
científica e de profesora son uns cargos que se alimentan día a día, é un
traballo no que todos os días se aprende, se estás facendo algo que te fai
plantexarte preguntas, aínda que so sexa por curiosidade, queres respostas e se
podes as buscas, porque non van caer do ceo, iso é ao que se chama unha tarefa creativa, ben é
certo que cando iso seconverte en traballo hai que ter
unha disciplina”.
P: ¿Algunha vez tivo algún problema polo feito
de ser muller no seu campo profesional?
EDV: “A
nivel profesional non, non tiven problema, sempre me sentí moi respetada, tanto
polos meus compañeiros como polos meus alumnos. Porén, sí que teño que recoñecer
que no momento que empecei traballar como profesora, o feito de desenvolver unha
vida familiar, naquel momento, non foi doado compatibilizar a miña vida
profesional coa familiar”.
P:
¿Cal foi o logro profesional do que está máis orgullosa?
EDV: (reflexiona uns segundos) “Pois é un
aspecto aplicado da investigación na que estou traballando hoxe en día, é un
asunto local, da muralla de Lugo que rodea toda a cidade (Patrimonio da
Humanidade). A muralla é un monumento que ten problemas de conservación
variados, entre eles, o das plantas que crecen entre as rochas, isto contribue
a deteriorala bastante. Entón, hai uns anos, solicitáronnos un asesoramento
sobre a mellor maneira de controlar a vexetación que crece na muralla. Os nosos
estudos leváronnos aos productos ecolóxicos que poden retrasar ou reducir a
aparición de novas sementes na muralla”.
P:¿Realizou algunha investigación coa que se
sentira incómoda?
EDV: “Sí,
precisamente en relación coa muralla de Lugo e cos ensaios en laboratorio, para
comparar cos productos ecolóxicamente compatibles cos herbicidas que se
utilizan actualmente no comercio, resultábame incómodo traballar con productos
que son especialmente tóxicos”.
EDV: “No
futuro gustaríame viaxar e coñecer máis o medio natural obxecto do meu
traballo. Tamén axudar máis solidariamente ás persoas nunha ONG, a verdade é
que as experiencias que tiven ao
respecto resultáronme moi gratificantes”.