jueves, 24 de noviembre de 2016

"Cando queres respostas, as buscas, porque non van caer do ceo"



“Cando queres respostas, as buscas, porque non van  caer do ceo”



Mércores 9 de novembro de 2016, os alumnos de 4º da ESO de Cultura científica realizamos unha interesante entrevista por Skype á Dra. Elvira Díaz Vizcaíno profesora de Bioloxía vexetal da Universidade de Lugo, na que nos contou un pouco sobre os seus inicios  no mundo científico, a súa profesión e os seus planes e desexos futuros.

P: ¿Sempre quixo adicarse á ciencia?
EDV: “Non, de feito non sentía gran interés pola ciencia ata que sobre os 15 anos tiven un profesor de ciencias que me explicaba a bioloxía con tanto entusiasmo que fixo que me empezara a gustar a ciencia”.
P: ¿Onde atopa a motivación para seguir trallando neste campo tan difícil día a día?
EDV: (sorrí) “A verdade é que o traballo de científica e de profesora son uns cargos que se alimentan día a día, é un traballo no que todos os días se aprende, se estás facendo algo que te fai plantexarte preguntas, aínda que so sexa por curiosidade, queres respostas e se podes as buscas, porque non van caer do ceo, iso é ao  que se chama unha tarefa creativa, ben é certo que cando iso seconverte en traballo hai que ter unha disciplina”.
P: ¿Algunha vez tivo algún problema polo feito de ser muller no seu campo profesional?
EDV: “A nivel profesional non, non tiven problema, sempre me sentí moi respetada, tanto polos meus compañeiros como polos meus alumnos. Porén, sí que teño que recoñecer que no momento que empecei traballar como profesora, o feito de desenvolver unha vida familiar, naquel momento, non foi doado compatibilizar a miña vida profesional coa familiar”.
P: ¿Cal foi o logro profesional do que está máis orgullosa?
EDV: (reflexiona uns segundos) “Pois é un aspecto aplicado da investigación na que estou traballando hoxe en día, é un asunto local, da muralla de Lugo que rodea toda a cidade (Patrimonio da Humanidade). A muralla é un monumento que ten problemas de conservación variados, entre eles, o das plantas que crecen entre as rochas, isto contribue a deteriorala bastante. Entón, hai uns anos, solicitáronnos un asesoramento sobre a mellor maneira de controlar a vexetación que crece na muralla. Os nosos estudos leváronnos aos productos ecolóxicos que poden retrasar ou reducir a aparición de novas sementes na muralla”.
P:¿Realizou algunha investigación coa que se sentira incómoda?
EDV: “Sí, precisamente en relación coa muralla de Lugo e cos ensaios en laboratorio, para comparar cos productos ecolóxicamente compatibles cos herbicidas que se utilizan actualmente no comercio, resultábame incómodo traballar con productos que son especialmente tóxicos”.
P: ¿Qué cousas realizaría se tivese máis tempo libre?
EDV: “No futuro gustaríame viaxar e coñecer máis o medio natural obxecto do meu traballo. Tamén axudar máis solidariamente ás persoas nunha ONG, a verdade é que as  experiencias que tiven ao respecto resultáronme moi gratificantes”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario