martes, 31 de enero de 2017

A herboristería do Número1




Tempo antes de ter á nosa disposición moitos dos medicamentos que hoxe en día atopamos en calquera farmacia, algúns homes  coñecedores da natureza, eran quen de aproveitar plantas coñecidas por todos nós para aproveitalas como medicamento, condimento, cosmético natural etc. Non convén esquecer a sabiduría de todos eles e por iso vos presento unha pequena mostra de plantas moi coñecidas e os seus beneficios.

CELIDONIA( Chelidonium majus)
O seu látex é de cor laranxa e velenoso. Era usado como remedio contra os callos, verrugas e infeccións dos ollos. Actúa sobre a circulación sanguínea e está recomendada para hipotensos.

RUDA ( Ruta graveolens)
Planta de forte olor empregada como aromatizante do fogar pero tamén para mitigar a ansiedade e os estados de nerviosismo. Calma as dores propias da menstruación. O seu uso incorrecto pode producir diarreas e vómitos. Na antiguidade empregábase como abortiva.

PERIXEL( Petroselinum sativum)
Planta empregada como condimento pero moi rica en vitaminas A, C, E e tamén en fósforo, ferro, calcio e xofre. É un remedio natural para a retención de líquidos, anemias e menstruacións irregulares , escasas ou dolorosas. Se se fan cataplasmas coas súas follas e se poñen sobre a pel, calman a dor e irritación provocadas polas picaduras de insectos.

HERBA LUISA( Lippia triphylla)
Planta con penetrante olor a limón. ten aplicacións culinarias pero tamén medicinais: para tratar problemas dixestivos, gases..., e incluso aplicacións industriais: engádese triturada aos pós de talco.


No hay comentarios:

Publicar un comentario