Os alumnos de 4º da ESO de cultura científica mergullámonos en diferentes historias de
mulleres que están a defender o medio ambente dende diferentes ángulos e
estamentos. Investigamos un pouco sobre o seu traballo, un traballo silencioso
e tenaz e que pensamos que todos deberíades de coñecer algunha desas historias,
polo que vos invitamos a entrar nos diferentes enlaces que vos propoñemos e a
ler algo sobre elas:
Sonia
Castañeda colaborou moito tempo en ONG, na actualidade é
directora dende 2012 da Fundación Biodiversidad
do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambente. Ésta actúa
como entidade doadora (colaborando con máis de 250 proxectos ao ano para a
defensa do medio ambente) e como axencia implementadora de proxectos. Ademáis
coopera con América Latina e África.
Aquí
deixamos unha entrevista que lle fixeron a Sonia en 2016: https://www.youtube.com/watch?v=Xpu4ST_IYwM
As
Youtubers Yellow Mellow e María Cadepe, adentraronse a unha
expedición ao Ártico co barco de Greenpeace (Arctic Sunrise), cunha campaña
para protexer un 10% da súa superficie e grabando a viaxe para que a xente
observara o transcurso da viaxe que se pode ver nos seus respectivos canais.
Nos seus canais fixeron un video ondese contan os
motivos da viaxe:
Yellow Mellow :
https://www.youtube.com/watch?v=Y-hOdC6ajb8
María Cadepe:
https://www.youtube.com/watch?v=AjIc0gHavyw
Vídeo durante a viaxe: https://www.youtube.com/watch?v=zItq8E2sBVI&list=PL_F6LimUHPhFi9IwoJkbC_1da2UjSJ7wz&index=2
Asunción Ruiz é directora ejecutiva da Sociedade Española de
Ornitología (SEO/BirLilfe), unha entidade con máis de 60 anos de vida que
estuda e coñece os problemas ambientais de España, e que desarrolla proyectos
para solucionalos. Traballou en empresas de consultoría ambiental, o que lle
permitiu evaluar grandes problemas ambientales menos coñecidos (amianto, augas
subterráneas, contaminación radiactiva...) antes de recalar na gran
organización conservacionista española, onde fixo os traballos da base e os
inventarios que serviron para definir a
protección das aves mariñas
"Non
hai grandes enemigos do medio ambiente, senón descoñecemento e pouca valentía
para defender o ben común. Todo isto é o que me fai estar aínda ilusionada.
Tamén motivame saber que as ONG son as entidades que teñen maior recoñecemento
social”.
Vandana Shiva é una filósofa e
escritora india. Activista a favor do ecofeminismo e da agricultura ecolóxica,
defensora das sementes tradicionais e contraria ós cultivos transxénicos. Recibiu o Premio Nobel Alternativo en 1993. Dra.
Shiva loitou para cambiar as prácticas e paradigmas da agricultura e da comida.
Entre as áreas nas que Shiva contribuiu intelectualmente e através de campañas
activistas, encontranse os dereitos de propiedade intelectual, biodiversidade e
bioética. Axudou a organización de loita social do Movemento Verde en África,
Asia, Latinoamérica, Irlanda, Suiza e Austria cas súas campañas en contra da
enxeñería xenética. Respeto ó dereito da propiedade intelectual e a
biodiversidade, a Dra. Co seu equipo Research Foundation for Science,
Technology and Ecology, exitosamente loitaron en contra da biopiratería do Nim
(Azadirachta indica), do arroz Basmati, e do trigo.
A revista Time identificou a Shiva como
unha “heroína” ambiental en 2003, e Asia Week nombrouna como unha dos cinco
comunicadores máis poderosos de Asia. A Universidad Loyola Marymount invitouna en numerosas ocasións a falar sobre
ecofeminismo, onde sempre atrae a grandes multitudes de estudantes interesados
no tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario