viernes, 11 de mayo de 2018

Os afloramentos e a riqueza pesqueira


A miticultura é só un exemplo da elevada productividade das Rías Baixas, consideradas como un dos ecosistemas mariños de maior diversidade biolóxica de todo o planeta.
A que se debe tan extraordinaria riqueza? Principalmente á actuación dun fenómeno oceanográfico denominado afloramento. Soe manifestarse entre os meses de maio e setembro, cando por influencia de altas presións predominan os ventos de compoñente norte, que desprazan as augas superficiais cara mar adentro. Estas augas someiras e mornas (cun aporte de auga doce procedentes dos ríos) sustitúense por outras máis profundas e frías cunha gran cantidade de nutrientes que ascenden desde o océano e penetran e inundan as rías. De aí, por exemplo, que en verán a agua das praias se aprecie a baixas temperaturas.

A principal diferenza entre o afloramento nas rías e o que ten lugar noutras zonas costeiras é que a ría permite a entrada de augas afloradas nunha zona protexida na que se pode aproveitar máis os nutrientes. Aparte do afloramento, a singular estrutura física das rías supón un valor engadido para que as súas augas constitúan enclaves idóneos para o cultivo de marisco e outras especies pesqueiras.

Se non se producise este fenómeno, as rías estarían máis estancadas, sen renovación de auga. As mareas moven a columna de auga, pero só de forma horizontal, non vertical. A luz solar tamén xoga un papel destacable no afloramento. A importancia deste fenómeno radica nas características desas augas profundas que emerxen á superficie. Ademáis de ser máis frías, son moito máis ricas en nutrientes, o que permite un gran desenvolvemento do fitoplancton ao dispoñer á vez de luz solar.
De feito, a produción destas algas microscópicas en época de afloramento nas Rías Baixas é tres veces superior á de augas oceánicas en latitudes similares. Esta elevada productividade débese á abundancia de nitratos. Esta auga que ascende fría e rica en nutrientes, fertiliza á plataforma e rías galegas, o que permite unha elevada producción de mexillón cultivado en batea, ou que se den tamén as ameixas ou berberechos así como os crustáceos, por exemplo a centola ou a nécora.
A teoría do afloramento é tan sinxela como concluínte: coa presenza de vento do norte, máis correntes, máis fitoplancton e máis engorde do marisco e do peixe, que se alimentan dos microorganismos.



viernes, 26 de enero de 2018

Os pregos xeolóxicos

Os pregos e fallas son deformacións que se producen por forzas tectónicas compresivas. Os pregos son deformacións dúctiles, prodúcense nas rochas e no terreo sen chegar a rompelo. As fallas  son fracturas do terreo (deformación fráxil), mediante a cal o terreo se desliza (plano de falla).
O Prego do Courel, o de Campodola-Leixazós, é un gran prego sinclinal deitado cara o norte, con flancos duns 10-12 km. Continúase cara arriba polo Anticlinal do Piornal, nesta zona casi enteiramente arrasado pola erosión. Foi declarado punto de interés xeolóxico internacional en 1983. En maio de 2011 a Xunta de Galicia declarouno monumento natural. A área protexida con esta denominación abarca unhas noventa hectáreas de extensión na marxe do río Ferreiriños,aínda que o prego tamén se observa na marxe dereita do val, pola que discorre a estrada de Quiroga a Folgoso do Courel, e onde se sitúa o mirador xeolóxico construido en 2004.

O prego formouse no período Carbonífero, fai entre 324 e 305 millóns de anos. Este proceso desenvolveuse durante a primeira fase de deformación da oroxenia hercínica asociado á colisión entre dúas antigas masas continentais, Gondwana e Laurrusia, que acabarían uníndose para formar o supercontinente Panxea.
O carácter recumbente do prego incrementouse durante a terceira fase da misma. Este prego simboliza a liña de unión entre as dúas partes que constitúen a Galicia actual.
Uns alumnos de segundo de bacharelato levaron a cabo un experimento para reproducir a formación dun prego usando estratos con sal tinguida. Estes son os resultados: