Os pregos e fallas son deformacións que se
producen por forzas tectónicas compresivas. Os pregos son deformacións
dúctiles, prodúcense nas rochas e no terreo sen chegar a rompelo. As
fallas son fracturas do terreo
(deformación fráxil), mediante a cal o terreo se desliza (plano de falla).
O Prego do Courel, o de
Campodola-Leixazós, é un gran prego sinclinal deitado cara o norte, con flancos
duns 10-12 km. Continúase cara arriba polo Anticlinal do Piornal, nesta zona
casi enteiramente arrasado pola erosión. Foi declarado punto de interés
xeolóxico internacional en 1983. En maio de 2011 a Xunta de Galicia declarouno
monumento natural. A área protexida con esta denominación abarca unhas noventa
hectáreas de extensión na marxe do río Ferreiriños,aínda que o prego tamén se observa
na marxe dereita do val, pola que discorre a estrada de Quiroga a Folgoso do
Courel, e onde se sitúa o mirador xeolóxico construido en 2004.
O prego formouse no período Carbonífero,
fai entre 324 e 305 millóns de anos. Este proceso desenvolveuse durante a
primeira fase de deformación da oroxenia hercínica asociado á colisión entre
dúas antigas masas continentais, Gondwana e Laurrusia, que acabarían uníndose
para formar o supercontinente Panxea.
O carácter recumbente do prego
incrementouse durante a terceira fase da misma. Este prego simboliza a liña de
unión entre as dúas partes que constitúen a Galicia actual.
Uns alumnos de segundo de bacharelato levaron
a cabo un experimento para reproducir a formación dun prego usando estratos con
sal tinguida. Estes son os resultados:
No hay comentarios:
Publicar un comentario