viernes, 26 de enero de 2018

Os pregos xeolóxicos

Os pregos e fallas son deformacións que se producen por forzas tectónicas compresivas. Os pregos son deformacións dúctiles, prodúcense nas rochas e no terreo sen chegar a rompelo. As fallas  son fracturas do terreo (deformación fráxil), mediante a cal o terreo se desliza (plano de falla).
O Prego do Courel, o de Campodola-Leixazós, é un gran prego sinclinal deitado cara o norte, con flancos duns 10-12 km. Continúase cara arriba polo Anticlinal do Piornal, nesta zona casi enteiramente arrasado pola erosión. Foi declarado punto de interés xeolóxico internacional en 1983. En maio de 2011 a Xunta de Galicia declarouno monumento natural. A área protexida con esta denominación abarca unhas noventa hectáreas de extensión na marxe do río Ferreiriños,aínda que o prego tamén se observa na marxe dereita do val, pola que discorre a estrada de Quiroga a Folgoso do Courel, e onde se sitúa o mirador xeolóxico construido en 2004.

O prego formouse no período Carbonífero, fai entre 324 e 305 millóns de anos. Este proceso desenvolveuse durante a primeira fase de deformación da oroxenia hercínica asociado á colisión entre dúas antigas masas continentais, Gondwana e Laurrusia, que acabarían uníndose para formar o supercontinente Panxea.
O carácter recumbente do prego incrementouse durante a terceira fase da misma. Este prego simboliza a liña de unión entre as dúas partes que constitúen a Galicia actual.
Uns alumnos de segundo de bacharelato levaron a cabo un experimento para reproducir a formación dun prego usando estratos con sal tinguida. Estes son os resultados: